Steam bate a súa marca de usuarios activos simultáneos
Se hai alguén ao que non lle pareza importante a competencie debe de ser Steam. Após a chegada da Epic Games Store, os alicerces da tenda dixital de Gabe Newell semellaba que poderían ser quebrados pero as cifras encargáronse de consolidar a súa posición aínda máis. Grazas á páxina SteamDB, puidemos saber que a plataforma de Valve alcanzou a cifra de 18.801.944 usuarios conectados recentemente.
Este espectacular dato consegue bater a anterior marca, fixada o 6 de xaneiro do 2018 con máis de 18,5 millóns de usuarios. SteamDB tamén sinala que se mantén vixente a marca de Steam no 2018, cando 7 millóns de xogadores atopábanse xogando aos seus títulos favoritos de forma simultánea.
.@Steam has broken its record for most concurrently online users that was held for two years. Previous record was 18,537,490 users. It's still increasing!
But there's about 1 million less players actually in-game (≈5.8mil vs ≈7mil two years ago).https://t.co/D6WDHbz0B4
— Steam Database (@SteamDB) February 2, 2020
Entre os principais motivos para explicar esta cifra atópase a chegada da serie de The Witcher a Netflix e o especial auxe de xogadores que tivo The Witcher III. Alén disto, Electronic Arts decidiu volver publicar as súas principais obras nesta plataforma, polo que estes serían algúns dos puntos crave neste ascenso de usuarios acontecido de súpeto.