Steam Deck, a consola de Valve, comezará a ser enviada o 28 de febreiro

Hai data para comprar Steam Deck. A consola portatil de Valve comezará a ser enviada o próximo 25 de febreiro, intre no que sairá a primeira remesa de consolas cara aos seus compradores. Ese día, todo aquel que reserve unha nova máquina, poderá confirmar a súa solicitude e pagar o custo da máquina. Así, o 28 de febreiro srán enviadas as primeiras unidades.
«Os clientes terán 3 días (72 horas) para realizar a compra a partir da data na que reciban o correo electrónico para iniciar o pedido. Transcorrido ese prazo, a reserva cederase á seguinte persoa na cola», indica a nota oficial. A compañía americana tamén sinala que só é posible comprar a versión da Steam Deck reservada no seu momento; é dicir, que non será posible cambiar a un modelo mellor (ou peor) da xa escollida.