Steam Deck, a portátil de Valve materialízase en realidade
Os rumores eran certos. Valve lanzará ao mercado unha consola portátil coa que poderemos levar a nosa biblioteca de paseo polo mundo adiante. Chamarase Steam Deck e comezará a súa venda oficial este ano, en decembro. Emporiso, as reservas xa están abertas en varias rexións do globo.
Valve quixo deixar as cousas claras desde o principio, externas e internas, e habilitou unha páxina oficial para a nova máquina. «Asociámonos con AMD para crear a APU personalizada de Steam Deck, optimizada para os xogos de man. Trátase dunha potencia Zen 2+ RDNA 2, que ofrece un rendemento máis que suficiente para executar os últimos xogos AAA nun paquete de enerxía moi eficiente», explican os seus responsábeis. «Unha vez que inicies sesión en Steam Deck, aparecerá toda a túa biblioteca de Steam, como en calquera outro PC. Poderás atopar as túas coleccións e favoritos, exactamente onde os deixaches».
A cousa non acaba aí, pois tamén pode funcionar como unha consola híbrida, moi similar a Nintendo Switch. Haberá un dock para soster a consola namentres a conectamos a unha pantalla externa e carga batería e periféricos. Será vendido por separado e prometen máis información en breve sobre este apartado. Este é o aspecto da máquina:
E prezos? Segundo IGN, haberá tres modelos dispoñibles para a súa compra, modificando tan só a memoria interna do aparello. 41
- O modelo de 64GB por 399 dólares (419 euros)
- O modelo de 256GB por 529 dólares (549 euros)
- O modelo de 512GB por 649 dólares (679 euros)