Steam elimina miles de títulos de dubidosa calidade

Steam elimina miles de títulos de dubidosa calidade

Preto de tres mil videoxogos desapareceron de Steam nas últimas horas. A compañía responsábel da tenda dixital máis exitosa do mundo vén de tomar a decisión de eliminalos após comprobar que incumprían, dalgún xeito, algunha das normas impostas ao longo dos últimos anos. Trátase da maior purga realizada por Valve desde o nacemento de plataforma de venda de títulos.

Moitos dos xogos eliminados correspóndense co termo shovelware, obras que inclúen elementos roubados doutros títulos ou realizados sen un estándar de calidade real, só co obxectivo de ser vendidos a algún incauto que se tope con eles. Non era raro achar recensións falsas nas súas páxinas que animasen á compra, acción que tamén está prohibida por Valve.

A idea, segundo a compañía de Gabe Newell, é que coa desaparición destes xogos sexan máis visíbeis outras obras de relevancia real, creadas por autores que si procuran chegar ao público dunha maneira leal e honesta, pero ocultos por unha montaña de xogos lixo.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados