Steam Indie Celebration ofrece 25 demos para descargarmos até mañá
Se os xogadores non poden ir ás feiras para probar os títulos, os títulos e as feiras irán aos xogadores. Dixital Dragons está a celebrar xuto cando les isto a súa Indie Celebration en Steam, un evento dixital no que diversas desenvolvedoras dan a coñecer os seus futuros lanzamentos.
Até 25 demos poden ser descargadas de balde. Iso si, mañá, 15 de maio, será o último día para poder facelo. Malia que as demos son 25, o total de xogos presentados alcanza os 50. Os que non poden ser xogados poden ser coñecidos a través de retransmisións cos seus responsábeis.
A continuación, tes a listaxe de demos:
- Ars Fabulae
- Bonkies
- Danger Scavenger
- Elderborn
- Eldest Souls
- First Class Trouble
- For the People
- For the Warp
- Ghostrunner
- Legends of Ethernal
- Liberated
- Not for Broadcast
- Overloop
- PositronX
- Rhythm Fighter
- Röki
- Rustler
- Shing!
- The Blind Prophet
- There is No Light
- Tower Princess
- Tunche
- Uragun
- Wanderlust: Transsiberian
- Wingspan




