Steam inicia o 2022 superando a súa marca de usuarios simultáneos

Non podería empezar o ano mellor para Valve e a súa plataforma Steam. A compañía bateu este 2 de xaneiro o seu récord de usuarios conectados de forma simultánea, con case 28 millóns.
A cifra concreta de xogadores concorrentes ascendeu ata 27.942.458, superando con facilidade os 27,4 millóns de xogadores do anterior récord, establecido en novembro do 2021.
Que xogos eran os máis xogados nese momento? Pois sen demasiadas sorpresas nese sentido: Counter-Strike: Global Offensive contaba con 867.000 xogadores, Dota 2 con máis de 761.000, PlayerUnknown’s Battlegrounds case 350.000 e Apex Legends preto de 221.000. Por detrás quedarían Grand Theft Auto V, Naraka: Bladepoint, Team Fortress 2, New World, Rust e ARK: Survival Evolved.
Máis aló da chegada das consolas de nova xeración, o PC como plataforma foi sumando millóns de adeptos durante os últimos anos, un espazo que acha en Steam unha aplicación case imprescindible á hora de elixir que instalar e que non no computador. A día de hoxe, aínda que Epic Games Store ha experimentando un forte crecemento, Steam continúa sendo a plataforma de xogo líder indiscutible neste ámbito.