Steam Labs, a plataforma de Valve para probar os seus proxectos en desenvolvemento
Sabe a compañía americana que non pode botarse a durmir se non quere perder terreo fronte a Epic. Valve ten entre mans diversas novidades para Steam, como a actualización inminente da súa interface, pero desde hoxe xa podemos gozar de Steam Labs, un novo espazo dixital onde probar os diferentes proxectos que a tenda dixital vai poñendo en marcha.
«Cada ano creamos ducias de experimentos ao redor da visibilidade, o vídeo e moitas cousas máis. Sabedes quen podería gozar de velas? Todo o mundo», indica a compañía estadounidense dentro da tenda dixital. «Desta primeira volta, podedes probar, compartir e descubrilas e, ademais, compartir o voso feedback cos responsables que lles deron forma».
Agora mesmo, hai tres experimentos activos que se poden probar e coñecer:
- Microadiantos – Pequenos vídeos duns segundos de duración de todos os videoxogos.
- Interactive Recommender – Unha ferramenta para atopar novos títulos en base ás horas que xogamos a outras obras.
- Automatic Show – Outra aplicación audiovisual que amosa de maneira autónoma os lanzamentos novos de cada día.