Steam mantén a tradición das súas rebaixas de verán con máis de mil ofertas

Non hai verán se non hai rebaixas en Steam. O verdadeiro e máis auténtico aviso do seu comezo, non? A tenda dixital de Valve engadiu descontos a máis de 1.000 xogos. Hai de todo, grandes rebaixas e outras máis pequenas, pero é certo que hai auténticas xoias a prezos máis que tentadores. Se tes algo de cartos na billeteira, este é un dos mellores momentos do ano para mercar material e ampliar a biblioteca.
Como é habitual, a plataforma tamén implantou un sistema de xogo chamado Elixe a túa propia aventura, unha especie de evento que insta a navegarmos por diferentes xéneros, obras e ofertas, na procura do noso seguinte título favorito. Esta aventura recompensará os xogadores con adhesivos e insignias para decoraren os seus perfís. Un detalle estético, sen máis.
Ata cando estarán dispoñibles as rebaixas? Ata o 8 de xullo, ás 19 horas. A continuación seleccionamos algunhas das mellores ofertas que localizamos. Hai máis, así que paciencia, fai mergullo por elas e… Ollo non te deixes levar polo consumismo!
- Undertale por 2,99 euros
- Outlast por 2,51 euros
- Outlast 2 por 3,74 euros
- Darkest Dungeon por 4,59 euros
- Yakuza 0 por 4,99 euros
- Inside por 4,99 euros
- TEKKEN 7 por 5,99 euros
- Moonlighter por 5,99 euros
- Sombras de Guerra por 5,99 euros
- The Forest por 6,91 euros
- Into the Breach por 7,49 euros
- Hellblade: Senua’s Sacrifice 7,49 euros
- A Way Out por 7,49 euros
- Hollow Knight por 7,49 euros
- Blasphemous por 8,49 euros
- Dragon Ball FighterZ por 8,99 euros
- The Witcher 3: Wild Hunt – Goty Edition por 9,99 euros (a normal por 5,99 euros e The Witcher II por 2,99 euros)
- Alien Isolation por 9,24 euros
- Stellaris por 9,99 euros
- Kerbal Space Program por 10 euros
- Prey por 11,99 euros
- Batman: Arkham Collection por 11,99 euros
- Metro Exodus por 11,99 euros
- Iron Harvest por 12,49 euros
- Outer Wilds por 12,49 euros
- F1 2020 por 13,74 euros
- Hades por 14,69 euros
- Dark Souls III por 14,99 euros
- Civilization VI por 14,99 euros
- Mortal Kombat 11 por 14,99 euros
- Nioh: Complete Edition por 14,99 euros
- Star Wars Jedi: Fallen Order por 15,99 euros
- Control por 15,99 euros
- Resident Evil 2 por 15,99 euros
- Divinity: Original Sin 2 – Definitive Edition por 16,79 euros
- Assassin’s Creed Odyssey por 17,99 euros
- Borderlands 3 por 19,79 euros
- Halo: The Master Chief Collection por 19,99 euros
- Desperados III por 24,99 euros
- Sekiro: Shadows Die Twice – GOTY Edition por 29,99 euros