Steam pulveriza o seu récord e sobe até os 22 millóns de usuarios en liña

Víase vir. Steam superou esta última fin de semana o seu récord de usuarios simultáneos, deixando a cifra nos 22 millóns. Unha auténtica barbaridade.
Analistas como Daniel Ahmad recollen nas súas redes o dato, lembrando que hai tan só unha semana a plataforma alcanzaba os vinte millóns en liña. Na súa opinión, os peches globais e o illamento de grandes masas de poboación por mor do COVID-19 propiciaron a situación perfecta para que se dera este feito, sendo os videoxogos uno dos entretementos máis seguros neste momento.
Steam just achieved a new peak concurrent user record of 22 million, one day after reaching 21 million and six days after reaching 20 million.
Global lockdowns and self isolation due to COVID-19 has led to at home gaming becoming a safe form of entertainment to pass the time. pic.twitter.com/6lhNFCawKD
— Daniel Ahmad (@ZhugeEX) March 21, 2020
É posíbel que nos días que están por chegar esta cifra siga aumentando. Polo momento, Valve pode presumir de ser a plataforma dixital de videoxogos con máis usuarios conectados ao unísono. Counter-Strike: Global Offensive, por exemplo, tamén está a asombrar coas súas cifras estes días. Após oito anos no mercado, o FPS tivo un pico de 1.002.031 xogadores a semana pasada, superando o millón de usuarios simultáneos por vez primeira.