Steam revela as primeiras imaxes do seu novo e agardado deseño

Steam revela as primeiras imaxes do seu novo e agardado deseño

A GDC 2019 segue ofrecendo unha enorme cantidade de noticias ao mundo. Era a momento de que Valve anunciase as súas novidades e, por fin, amosou algunhas imaxes do ansiado novo deseño da librería e interface de Steam, un proxecto comunicado xa o ano pasado.

O redeseño buscará facilitar unha mellor experiencia aos usuarios, moito máis fresco e acorde aos tempos que vivimos.  Alden Kroll, executivo de Valve, comentou que «o maior cambio que estamos a introducir é unha páxina principal da nosa librería que brindará aos usuarios a oportunidade de ver que está a pasar nos xogos aos que estou a xogar».

O lavado de fronte de Steam fíxose de rogar, pero xa está próximo.

A lista de amigos integrarase agora nunha columna separada na zona superior dereita. Doutra banda, o módulo superior mostrará os xogos cos que estivemos xogando recentemente. O resto da nosa colección de títulos de Steam mostrarase nunha barra vertical con miniaturas que se poden escalar en diferentes tamaños.

A grandes liñas, parece que a tenda dixital posuirá un carácter máis vertical. Tamén se mellorará o sistema de busca ao darlle un impulso ao sistema de etiquetas, máis correctas e concretas.

Valve quere que pasemos máis tempo na tenda, por iso anunciou unha páxina de eventos para Steam mediante a cal descubriremos acontecementos importantes dos títulos que temos na biblioteca: actualizacións, DLC, directos, etc.

A pestana de eventos permitirá estar ao mollo das últimas novidades.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *