Steam xa permite usar os mandos de PS5 e Series X|S
Steam non tardou demasiado en adaptarse aos novos tempos que chegan cos mandos de PlayStation 5 e Xbox Series X|S. A plataforma de venda de videoxogos de Valve anunciou unha versión beta na que xa se pode gozar dos títulos da tenda cos novos controladores, malia que aínda ten camiño que percorrer.
No caso do DualSense, que está a causar auténtico furor entre xornalistas e creadores de contido, este non ten habilidadas as súas funcións máis reconocibles: a vibración táctil, o trackpad e o giroscopio. Haberá que esperar un tempo para ver se estas funcións acaban sendo utilizadas en PC.
Emporiso, o mando de Series X|S xa incluía soporte oficial, pois as as diferenzas que posúe, respecto do modelo anterior de Xbox One, son moito menores. Ora ben, apañouse un erro que facía aparecer o mando por duplicado.