Streets of Rage 4 déixase ver con novas imaxes

A través das súas redes sociais, Dotemu e Lizardcube veñen de mostrar novas imaxes do agardado Streets of Rage 4, a nova entrega da lendaria saga beat’ em up. Moi pronto voltarermos o barrio para combater maleantes.
Streets of Rage 4 terá secuencias debuxadas a man polos responsables de deseño de Wonder Boy: The Dragon’ s Trap e manterá a esencia clásica da triloxía orixinal en canto á súa xogabilidade, aínda que incluirá algunha que outra mecánica nova.
Así, o xogador vivirá unha nova historia totalmente orixinal na que irá percorrendo e atravesando fases urbanas loitando con bandas rivais e criminais. Os seus creadores xa avisan que se ben se se quere incitar á nostalxia a través do mando, tamén será unha oportunidade de renovación e atracción de novos xogadores cara ao nome de Streets of Rage. E algo importante: contará con modo cooperativo. Iso si, todavía é un dato descoñecido que plataformas poderán gozar do título.