Actualidade Streets of Rage 4 engade novos personaxes nun novo tráiler

Streets of Rage 4 engade novos personaxes nun novo tráiler

O regreso dun clásico atópase ao virar a esquina. DotEmu, responsábeis de Streets of Rage 4, veñen de publicar un novo tráiler do seu título no que podemos ver algúns dos elementos retro que teremos que desbloquear. Entre eles destaca unha ducia de personaxes de anteriores entregas, pero nas súas versións pixeladas e mantendo os seus movementos orixinais.

Grazas a esta característica, o persoal de Streets of Rage 4 colócase con 17 personaxes dispoñíbeis e ademais poderemos intercambiar a banda sonora coas dos dous primeiros xogos da franquía. Sen data oficial de lanzamento, cómpre lembrar que a eShop de Australia chegou amosar que o xogo chegaría o 23 de abril, aínda que desde a compañía aclaran que esta data non está confirmada. Porén, confían en que sairá pronto para PS4, Xbox One, Switch e PC.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.