Actualidade Subnautica: Below Zero anuncia a súa data de lanzamento en consolas e PC

Subnautica: Below Zero anuncia a súa data de lanzamento en consolas e PC

Unknown Worlds marcou en vermello no calendario unha nova data: o 14 de maio deste 2021. É o día no que a continuación de Subnautica, Subnautica: Below Zero, fara a súa aparición en PlayStation, Xbox, Switch e PC.

O novo título de supervivencia configúrase como unha enorme expansión, case un xogo completo, por iso é polo que o propio estudio define o novo contido como unha secuela de seu. Nela poderemos chegar a novos puntos do planeta 4546 B, nunca antes visitados.

A expansión contará con unha edición física, que chegará da man de Bandai Namco, tal e como informou Unknown Worlds. Pero ollo, no caso de Nintendo Switch, o xogo físico incluirá o primeiro Subnautica e Subnautica: Below Zero, chegando á híbrida ao grande.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.