
Summer in Mara, pon en marcha o seu Kickstarter
O estudio valenciano Chibig Studio levou o seu proxecto Summer in Mara até Kickstarter. Tralo éxito cultivado por Deiland, os seus creadores queren ofrecer unha nova aventura a cabalo entre o crafteo, as mecánicas de granxa e a exploración. Que tesouros garda o mar de Mara?
O seu anuncio confirmouse a finais de setembro do ano pasado. Naquel momento tamén se confirmou que chegará traducido ao galego e ao valencià, entre outras oito linguas. Un título que se antolla sinxelo pero fermoso, a través das diferentes illas que poderemos visitar para así coñecer a unha chea de personaxes distintos, cada un coa súa vida e as súas motivacións

En Summer in Mara coidaremos do noso fogar mentres exploramos o mar próximo.
Apoio en Kickstarter
Summer in Mara fai un chamamento público para continuar o seu desenvolvemento para PlayStation 4, PC e Nintendo Switch, e así poder estrearse ao longo do verán deste 2019. Por uns módicos 16 euros pode calquera usuario con conexión a Internet facerse coa versión dixital do título na plataforma que elixa. Como é habitual, recibirá unhas recompensas adicionais polo apoio:
- Un artbook con conceptos, ilustracións e traballo dos seus artistas
- Unha banda sonora de Paco Mitos con temas de Adrián Berenguer
- Un diorama das praias de Mara
- Un peluche de Summer in Mara
- Un ukelele tropical
Aquí tendes a dirección do proxecto: https://www.kickstarter.com/projects/1602345155/summer-in-mara-an-adventure-set-in-a-tropical-ocea