Super Mario 3D All-Stars permitirá invertir os controis da súa cámara cun novo parche
O recompilatorio de Super Mario 3D All-Stars é unha das xoias da coroa do 30 aniversario do fontaneiro máis famoso de todo o mundo. A inclusión de Super Mario 64, Super Mario Sunshine e Super Mario Galaxy provocaron un aluvión de vendas, sobre todo tendo en conta que a súa venda está limitada ao vindeiro 31 de marzo.
Porén, moitos xogadores experimentaron por primeira vez os controis dalgunhas destas obras e as queixas sobre a cámara convertéronse nun tema recorrente. É por iso que Nintendo publicará a actualización 1.1.0 o 17 de novembro, cuxa principal novidade será a posibilidade de invertir os controis da cámara no trío de xogos. Desta forma, corríxese un problema que preocupaba a gran parte da comunidade.
A free software update is coming to #SuperMario3DAllStars on 17/11 that adds a new inverted camera control setting for all three games. pic.twitter.com/x3IKq8xreA
— Nintendo of Europe (@NintendoEurope) October 27, 2020