Actualidade SuperEpic, o xogo que critica os micropagos, xa está dispoñíbel

SuperEpic, o xogo que critica os micropagos, xa está dispoñíbel

Nunha época na que os micropagos e as caixas de botín invaden o mundo dos videoxogos, a luz chega á industria. SuperEpic, o título de Undercoders xa está dispoñíbel para PC, Nintendo Switch, Xbox One e PS4. Unha obra moi esperado, xa que tenta retratar a través das súas mecánicas e o seu mundo as malas prácticas por parte de moitas empresas de videoxogos.

E a aposta é máis que interesante. Nesta ocasión atopámonos perante unha obra inspirada en Metroid, polo que a liberdade á hora de explorar os escenarios será a tónica habitual durante a partida, acompañado por unha estética que lembra os 16 e 32 bit en formato 2D. Múltiples inimigos, desafíos e segredos agardan no seu mapa, grazas a dous modos de xogo.

O primeiro, clásico e centrado na historia, namentres o segundo propón un sistema rogue-like, xa sabes: mapas xerados de forma aleatoria polos que deberemos avanzar e facernos cada vez máis poderosos para ter unha oportunidade de supervivencia. O humor estará presente incluso aquí, xa que atoparemos códigos QR que darán acceso a xogos móbiles gratuítos, reflectindo os continuos incentivos das empresas en manternos fronte á pantalla.

SuperEpic cónta a historia dunha llama e un mapache, que ten o obxectivo de loitar contra o réxime de Regnantcorp, unha enorme compañía que pretende manter o control sobre a sociedade a través de videoxogos repletos de micropagos e estratexias coas que aumentar a súa riqueza.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.