Taiwán ficha unha versión para PC de Spyro Reignited Trilogy

Nun mundo globalizado, hai xente cun ollo en cada pequeno recuncho achando novas. Non é a primeira vez que un sistema de calificacións achega novidades sobre a posibilidade dunha nova adaptación ou versión dun xogo, por iso haberá que estar atentos á chegada de Spyro Reignited Trilogy para PC. O país que fichou este port foi Taiwán.
According to the Taiwanese ratings board, Spyro Reignited Trilogy is headed to PC, ported by Iron Galaxy pic.twitter.com/smdJrZjRcR
— Nibel (@Nibellion) May 28, 2019
A triloxía orixinal do dragón morado recibiu un notable lavado de cara por parte de Toys for Bob, sendo lanzada en novembro por Activision. Despois desa exclusividade en PlayStation 4 e Xbox One, o seu salto á comunidade de PC simula ser case obrigado (igual que ocorreu coa revisión dos Crash Bandicoot). Iso si, da versión de Nintendo Switch non hai noticias, e iso que tamén apareceu listaxe hai algún tempo na tenda dixital de GameSpot.
Segundo esta especie de filtración, Iron Galaxy sería a empresa encargada desta conversión. O seu traballo con Crash Bandicoot N. Sane Trilogy avala o seu bo facer. É posible que pronto teñamos noticias oficiais sobre este asunto