Actualidade Tales of Arise estréase con éxito absoluto en Steam

Tales of Arise estréase con éxito absoluto en Steam

Tales of Arise chegou a Steam hai uns días e xa pode presumir de ser un éxito instantáneo nesta plataforma. A última entrega da coñecida saga de JRPG de Bandai Namco foi publicada o pasado venres. En apenas unhas horas á venda, alcanzou un total de case 46 mil xogadores simultáneos en Steam, cifra que continuou aumentando ao longo da fin de semana.

Para poñer en contexto estes datos, hai que observar as cifras acadadas polos anteriores títulos da franquía. Segundo SteamDB, o máximo número de xogadores de Tales of Berseria (2017) foi de 8.085 usuarios, namentres que Tales of Zestiria (2015) chegou até os 9.696. Sexa como for, Tales of Arise quintuplica estes resultados.

O xogo de Bandai Namco tamén está dispoñíbel para PlayStation e Xbox desde o 10 de setembro.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.