Team Ninja deixará descansar un tempo a saga Nioh

Despois de alcanzar o éxito a través dos dous títulos da saga Nioh, Team Ninja considera que a licenza merece un descanso e apostará por outros proxectos ao longo do ano que está a piques de comezar. Fumihiko Yasuda, director do último título, así o adiantou na publicación xaponesa Famitsu, malia que recolle as declaracións traducidas Gematsu.
O estudio estivo traballando coa marca Nioh os últimos sete anos. Agora, esta quedará en repouso e a compañía comezará un desenvolvemento «a grande escala» do que non ofreceron máis pistas sobre o seu xénero ou aspecto.
A franquía viu a luz en 2017 e logrou destacar por méritos de seu dentro da enorme onda de títulos soulslike que viviu a xeración. O vindeiro mes de febreiro chegará Nioh Collection a PS5 e PC, unha compilación que inclúe os dous xogos orixinais con melloras visuais, alcanzando resolución 4K e os 120 FPS. Nioh 2, a última entrega, recibiu hai unhas semanas a expansión Penumbra na capital.