Tekken 7 presenta en vídeo os seus novos personaxes
Bandai Namco vén de mostrar ao mundo en vídeo os novos loitadores que se unirán ao cadro de personaxes de Tekken 7, como parte da Tempada 3. Quen son? Ganryu e Fahkumram.
É o primeiro un vello coñecido da franquía e aterrará no xogo nalgún momento deste inverno xunto ao xa anunciado Leroy Smith. Tamén se implementará unha nova característica de xogo coñecida como Frame Data Display, pensada para xogadores expertos.
Pola súa banda, Fahkumram preséntase como un experto en artes marciais, especialista en Muay Thai. Haberá que esperar até a primavera para velo baixo o noso control. Xunto a el tamén se estreará un novo escenario.
O Pase de Tempada para obter estes contidos ten un prezo de 24,99 euros e dá acceso a catro personaxes, aínda que tamén, cada un deles, pode ser mercado por 5,99 euros.