Temtem acada o medio millón de copias vendidas un mes despois do seu lanzamento

Temtem acada o medio millón de copias vendidas un mes despois do seu lanzamento

Unha das grandes sensacións deste 2020 está a ser Temtem, o título independente creado polo equipo madrileño de Crema Games. A través dunha fórmula moi similar á da saga Pokémon, o xogo estreouse en Steam en fase de early acces hai apenas un mes. Agora, foi o propio estudio quen confirmou que a obra pasou a cifra do medio millón de copias vendidas.

Isto supón un éxito absoluto para Temtem, especialmente tendo en conta que se trata dun videoxogo cun orzamento afastado das grandes producións da industria. Alén disto, os desenvolvedores tamén indicaron que proximamente establecerán unha folla de ruta para o título cara ao resto do ano. Lembremos que Temtem ten prevista a súa chegada a PS4 e Xbox One, xunto coa versión definitiva para PC.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados