TemTem, o MMO madrileño, chegará a PS5 en 2021

TemTem, o MMO madrileño, chegará a PS5 en 2021

Unha das grandes sensacións do 2020 foi TemTem, o título do estudio madrileño Crema Games que sairá en PlayStation 5 o ano que vén. Esta é unha das consecuencias tras o éxito cultivado pola obra desde o seu lanzamento en xaneiro.

TemTem atópase en fase de early access en PC e así se manterá até que chegue á nova consola de Sony, o que coincidirá co lanzamento definitivo. Desta forma poderemos gozar da versión completa deste MMO baseado na franquía de Pokémon, no que teremos que coleccionar criaturas, combater con elas e perdernos por un mundo de fantasía.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados