
Tencent adquire os dereitos de System Shock 3 após o abandono do proxecto
Nos omezos do 2020, as informacións sobre o futuro da terceira parte da saga System Shock eran cada vez máis escuras. Os rumores remataron por se confirmar, após a declaración do estudio responsábel de que non podían co ritmo de traballo necesario. Agora, OtherSide Entertainment vén de anunciar que Tencent adquiriu os dereitos de System Shock 3 para lograr sacar adiante o título.
Anunciado en decembro de 2015 e con Warren Spector entre as súas filas como consultor creativo, a principal fonte de financiamento do estudio comezou a ter problemas económicos que afectaron gravemente o desenvolvemento, até o punto de abandonar o proxecto.
En setembro lanzouse un vídeo no que se mostraba material pre-alpha do xogo e no que se podía comprobar que a ambientación clásica da franquía sería igual de tenebrosa máis de vinte anos despois do lanzamento da segunda entrega.