
Tencent continúa a súa expansión e será a meirande accionista de Marvelous
O seu nome é unha constante dentro da industria do videoxogo. A empresa chinesa Tencent continúa o seu plan de expansión, entrando agora dentro da editora xaponesa Marvelous Inc., coñecida por publicar títulos como Story of Seasons, Daemon X Machina ou o último xogo de Doraemon. Segundo informa Bloomberg, a xigante chinesa adquirirá o 20 % das accións da editora.
Trátase dunha operación na que investirá 7.000 millóns de yenes —preto de 60 millóns de euros— para comprar as accións a través da súa filial, Image Frame Investment. A editora venderá 8.62 millóns de participacións por 576 yenes cada unha. Doutra banda, accionistas como Amuse Capital ou Nakayama Hayao venderán 2.83 millóns e 708.600, respectivamente.
Nos últimos tempos, Tencent tamén investiu capital en estudios como Platinum Games e está detrás de compañías tan importantes como Epic Games, que tamén quere chegar a ser unha das grandes tendas dixitais do mercado de videoxogos.