Actualidade Tencent merca Sumo Digital, responsábeis de Sackboy e Crackdown 3

Tencent merca Sumo Digital, responsábeis de Sackboy e Crackdown 3

A semana comeza cun negocio (case) pechado. Seguindo a información publicada porGamesindustry, Tencent continúa coa súa imparable expansión dentro da industria do videoxogo. A compañía china quere ter o control de Sumo Gruop, acción que lle custará 1.270 millóns de dólares.

O seu interese pola empresa xa viña de antes, ao adquirir no pasado unha participación do 8,75 % da desenvolvedora que creou títulos como ackboy: Unha aventura ao grande e Crackdown 3.

Malia que o acordo aínda non está pechado nin firmado, as dúas entidades implicadas dan por feito que xa non hai volta atrás e que simplemente a compra será realizada nos vindeiros días. «A oportunidade de traballar con Tencent é unha que simplemente non podiamos perder. Traerá oura dimensión a Sumo, presentando oportunidades para realmente estampar a nosa marca nesta asombrosa industria, de xeitos que antes estaban fóra do noso alcance»,  asegura o CEO Carl Cavers.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.