Terraria establece o seu récord de xogadores en Steam após a súa derradeira actualización

Terraria establece o seu récord de xogadores en Steam após a súa derradeira actualización

Nove anos despois do seu lanzamento, Terraria vén de recibir a súa última gran actualización. Terraria: Journey’s End é o DLC gratuíto que os seus responsábeis, Re-Logic, engadiron antes da finalización do soporte ao título. Centos de novos obxectos e mecánicas foron incluídas e unha das máis destacadas é o tModLoader para a versión de PC, unha característica que permite instalar múltiples mods creados pola comunidade de xogadores.

Con motivo da chegada desta gran cantidade de contido, Terraria bateu o seu récord de xogadores simultáneos en Steam cun total de 489.886 xogadores, colocándose como o terceiro xogo con maior afluencia na plataforma de Valve durante o día de onte. Máis de 30 millóns de copias vendidas despois, Terraria é considerado como un éxito masivo grazas ás súas mecánicas de exploración e aventura, lembrando outro exemplo de éxito como foi —e é— Minecraft, pero adquirindo unha personalidade de seu.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados