Actualidade Tes un iPhone? Tamén podes ter o Civilization VI

Tes un iPhone? Tamén podes ter o Civilization VI

Por sorpresa, así acaba de aterrar no teléfono de Apple a adaptación do famoso Civilization VI. Sen aviso previo, Aspyr Media, responsable das conversións a los dispositivos da compañía da mazá, comunicou o lanzamento hai apenas un día.

A versión para iPad do xogo apareceu a finais de 2017, por iso todo aquel que conte con ela poderá descargar Civilization VI de balde nesta nova versión móbil. É certo, tívose que pagar polo título no seu día, pero non deixa de ser un agradábel agasallo para os usuarios desta marca.

Como é habitual nas conversións de Aspyr Media, o último Civilization chega con tódolos contidos da versión orixinal, agás o multixogador en liña, ademais dunha interface adaptada. O prezo para aqueles que queiran facerse con el agora é de 26,99 euros, aplicando o desconto do 60 % que estará vixente ata o próximo 16 de outubro. Por certo, se queredes probalo antes, tendes 60 quendas para facelo.

Dispositivos compatibles (todos con iOS 11 e 3 GB de espazo dispoñible):

  •  iPhone 7
  •  iPhone 7 Plus
  •  iPhone 8
  •  iPhone 8 Plus
  •  iPhone X

 

 

 

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.