Actualidade Tetris 99 achégase a Fire Emblem: Three Houses cun evento especial

Tetris 99 achégase a Fire Emblem: Three Houses cun evento especial

O éxito de Fire Emblem: Three Houses é xa un feito consumado. A consola híbrida sumou hai unhas semanas un novo exclusivo que se antolla como a evolución que a saga de Intelligent Systems procuraba e o público respondeu: vendas millonarias. Agora ben, outro dos títulos máis reconocibles de Switch, quere sumarse á festa.

Tetris 99 programou un evento especial, que comezará este 23 de agosto ás 9 horas, e que durará até o día 27 á mesma hora. A recompensa que ofrece esta cita virtual é a posibilidade de gañar un skin permanente do novo Fire Emblem.

Por cada partida que xoguemos, gañaremos un puntos; canto máis alto quedemos, máis conseguimos. Doado e sinxelo. Aquel que consiga chegar a 100 puntos nos días que dura o evento, desbloqueará o cosmético en cuestión. Igual que en anteriores ocasións, durante o propio evento, as partidas de Tetris estarán decoradas coa skin a gañar.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *