Actualidade Tetris Effect: Connected é a expansión multixogador para PC e Xbox

Tetris Effect: Connected é a expansión multixogador para PC e Xbox

Cando crías que xogaras Tetris de todas as maneiras posibles, Tetris Effect demostrou que aínda quedaba moito por demostrar ao clásico. Enhance creou coa súa revisión do mítico título unha obra moderna, brillante e xenial. Agora, co lanzamento de Series X| S chega Tetris Effect: Connected, unha versión expandida do orixinal.

Esta versión inclúe novos modos de xogo cooperativos e competitivos para gozar en compañía, sexa coñecida ou non. Xa está dispoñíbel en Xbox Game Pass, tanto para as novas consolas de Microsoft, como para One ou PC.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.