Actualidade TGS 2020 :: Horarios do derradeiro cartucho antes da nova xeración

TGS 2020 :: Horarios do derradeiro cartucho antes da nova xeración

Malia a crise sanitaria que atravesa o planeta, as feiras de videoxogos fixeron todo o posíbel para se adaptar á nova situación que vive o mundo. Unha das citas ineludíbeis é o Tokyo Game Show, a convención máis importante de todo o territorio asiático e que dispón o seu escaparate como unha das últimas oportunidades para que as compañías convenzan ao público antes da chegada de PS5 e Xbox Series X/S.

As empresas máis destacadas que confirmaron a súa presenza son as seguintes:

  • Bandai Namco
  • Microsoft
  • Koei Tecmo
  • Level-5
  • Cygames
  • Konami
  • Square Enix
  • Sega/ Atlus
  • Spike Chunsoft
  • Tencent Games
  • miHoYo
  • GungHo Online Entertainment
  • D3 Publisher 
  • Happinet

O TGS dará o pistoletazo de saída o 24 de outubro coa conferencia de Xbox ás 14:00 -horario peninsular- e dará carpetazo á edición do 2020 coas novidades de PUBG Japan o día 27 de outubro ás 15:00. Aquí deixámosvos co horario ao completo, xunto coas ligazóns aos directos de cada estudio:

24 de setembro

25 de setembro
26 de setembro
27 de setembro
Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.