TGS :: Project Resistance ensina o seu gameplay para cinco xogadores

TGS :: Project Resistance ensina o seu gameplay para cinco xogadores

Dentro do marco do Tokyo Game Show 2019, Capcom desvelou un novo tipo de survival horror ambientado no universo  Resident Evil, Project Resistance —aínda que o título é provisional, segundo a información entregada aos medios—. Este título multixogador asimétrico en liña para cinco xogadores mestura tanto dinámicas cooperativas como competitivas, podendo elixir entre ser un sobrevivente ou unha mente mestra que tenta acabar co resto.

Aproveitando o mesmo motor gráfico de Resident Evil 2 e Devil May Cry 5, e ofrecendo, de entrada, un altísimo nivel de calidade, a compañía xaponesa quere tomar un respiro á hora de producir xogos numéricos fa franquía RE, e aposta por continuar o universo de Umbrella con esta proposta. Faltan datos e máis gameplay, pero o amosado no novo adianto simula, dende logo, divertido e interesante.

Cada sobrevivente dos catro a elixir terá habilidades únicas —un enorme forza física, outra poderá curar, unha terá habilidades de hackeo, outro aumento da defensa…—, polo que a cooperación será obrigatoria se queres saír vivo do macabro experimento que xestiona esa mente perversa que o dirixe, o quinto xogador, que sementará trampas polo escenario, controlará o movemento dalgunhas criaturas e poderá, por último, controlar a un impoñente Tyrant.

En colaboración con NeoBards Entertainment, Project Resistance está sendo desenvolto para PlayStation 4, Xbox One PC.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados