Actualidade The Ascent adía o seu lanzamento en Xbox para o 2021

The Ascent adía o seu lanzamento en Xbox para o 2021

Os atrasos para puír aínda máis un xogo son benvidos. Esta situación é a que vai experimentar The Ascent, que adía o seu lanzamento do 2020 a unha data sen concretar do 2021. O título ARPG de Neo Giant trasladou tamén unha boa noticia, como é a súa chegada a Xbox Game Pass tanto en consolas como en PC.

The Ascent está a ser desenvolvido por un pequeno equipo formado por 11 persoas e nel poderemos xogar tanto en solitario como en cooperativo namentres exploramos unha cidade chea de segredos intergalácticos, todo a través dunha estética cyberpunk.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.