Actualidade The Avengers confirman a súa presenza no E3 2019

The Avengers confirman a súa presenza no E3 2019

Moito tempo pasou desde o seu anuncio, quizais demasiado e, ademais, en silencio, pero Square Enix dixo que deste E3 non pasa. The Avengers Project aparecerá durante a conferencia da compañía xaponesa na feira de Los Ángeles. Trátase dun videoxogo sobre a franquía de Marvel conn maior recaudación da historia, en colaboración con Crystal Dynamics, Eidos Montreal e, claro, a propia marca de cómics.

A través da súa conta oficial de Twitter, Marvel fixo público o anuncio, emprazando ao persoal ao día 10 de xuño para saber máis deste futuro título.

Porén, semella que da nada pasarase ao todo. Geoff Keighley, organizador do E3 Coliseum (e de The Game Awards), confirmou a presenza deste xogo dos Vingadores no evento paralelo á feira californiana. A través, tamén, da súa conta de Twitter explica que está a desexar ver unha exhibición do videoxogo o martes 11 de xuño.

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.