The Binding of Isaac: Repentance :: Xa está aquí a maior e derradeira expansión do xogo

The Binding of Isaac: Repentance :: Xa está aquí a maior e derradeira expansión do xogo

Día importante para os seguidores de The Blinding of Isaac: Rebirth. Si, a súa última expansión xa viu a luz. Baixo o nome de The Binding of Isaac: Repentance chega unha expansión que, realmente, funciona case como un xogo ao completo por mor de todo o contido que ofrece.

Novos inimigos, novos xefes finais, novos obxectos, novas armas… Haberá máis de oito zonas descoñecidas para explorar, máis dun centenar de inimigos que debutarán xunto con máis de 25 xefes finais que aparecerán por vez primeira , máis de 130 obxectos novos con combinacións ben tolas e tamén dous novos personaxes que se sumarán aos xa existentes.

Máis? Si. Incorpóranse ao título máis de 5.000 tipos de habitacións novas, algúns efectos visuais tamén foron feitos de cero e, como ramo final, foi engadido un modo multixogador local para catro xogadores, amais de ser en liña grazas a Steam Remote Play. En poucas palabras: centos de horas coas que gozar con Isaac.

A expansión, dispoñíbel de momento só en PC, ten un prezo de 12,49 euros.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados