The Couriers Pet Agency, o servizo de adopción de mascotas de Fallout 76

The Couriers Pet Agency, o servizo de adopción de mascotas de Fallout 76

Criticado, repudiado e defenestrado. Así foi o devir de Fallout 76 desde a súa chegada ao mundo dos videoxogos en 2018. Numerosos bugs, controversias cos seus sistemas de micropagos e diversos problemas lastraron o título de Bethesda ambientado nunha das súas franquías máis exitosas. Así a todo, os seus xogadores parecen resistirse a dar por perdido esta apocalipse e estanse organizando para crear un mundo mellor.

Este é o caso de Kat Pender, unha usuaria de Fallout 76 que creou The Couriers, un grupo de xogadores organizándose en que todas as transaccións dentro do Ermo realícense adecuadamente. Co paso do tempo, esta organización estendeu os seus obxectivos a outros ámbitos como a construción e a adopción de mascotas. Grazas a The Couriers Pet Agency, todo o mundo en Fallout 76 pode conseguir unha mascota, xa sexa gatos, cans e coellos a mutantes como Mirelurks e Yao Guai.

Poderemos darlle unha mellor vida a calquera aberración mutante do Ermo.

Esta idea xurdiu após Kat vira como moitas persoas tiñan serias dificultades para conseguir o seu propio compañeiro de aventuras, xa que se teñen que alcanzar certas habilidades dentro do xogo e posteriormente atopar os esquivos animais. Deste xeito, Kat e uns cantos compañeiros máis organizan batidas por todo o mapa recollendo seres de todo tipo e levándoos até o seu refuxio, onde se lles realizan varias fotos que se comparten no grupo de Facebook da asociación. Durante 10 minutos desde a publicación, calquera pode postularse para facerse co seu mellor amigo.

Por suposto, hai que cumprir unha serie de requisitos para proporcionarlle a mellor vida posíbel á nosa mascota. «É imprescindíbel prover a mellor contorna ao animal, que se senta querido e con espazo suficiente para se mover», tal e como sinala Pender. Existen certos riscos á hora de adoptar, xa que algunhas criaturas continuarán sendo agresivas, polo que haberá que ter en conta este tipo de detalles.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados