The Division 2 contará cunha beta aberta en marzo

The Division 2 contará cunha beta aberta en marzo

Era un segredo a voces pero faltaba a confirmación por parte de Ubisoft. The División 2 terá unha beta aberta para os usuarios de PC, PS4 e Xbox One. Do 1 ao 4 de marzo as portas da capital estadounidense estarán abertas para todo aquel que queira percorrer as súas abatidas rúas.

Polo momento aínda non se sabe que contidos concretos estarán dispoñibles para aqueles que descarguen esta demo. O máis probable é que sexa a mesma que estes días puideron gozar os xogadores convidados á beta privada ou que teñen unha reserva do título.

Así, en principio, os xogadores poderán descubrir algunhas das misións da historia principal, tamén algunhas secundarias e diversos encargos por parte dos sobreviventes que pululan por Washington DC. Unha maneira rápida e sinxela de saber que cambiou desde a primeira parte, e que novas mecánicas ofrece The Division 2.

O xogo de acción de Ubisoft chegará ás tendas o próximo 15 de marzo, dando continuidade a unha apertada axenda de lanzamentos este primeiro trimestre do ano.

A acción de The Division 2 desenvolverase en Washington DC.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados