Actualidade The Game Awards pon data a súa cita anual co mellor da industria dos videoxogos

The Game Awards pon data a súa cita anual co mellor da industria dos videoxogos

Unha das citas anuais marcadas no calendario da industria dos videoxogos son os Game Awards. Como cada ano, a comunidade reúnese para entregarlles os galardóns aos estudios, desenvolvedores e títulos máis destacados.

Geoff Keighley é o habitual mestre de cerimonias desta gala que acaba de anunciar a data para a súa edición do 2020. Será o vindeiro 10 de decembro cando poderemos ver en 4K e desde tres estudios pechados quen levan estes premios. Os Angeles, Londres e Tokyo son as cidades elixidas para albergar este evento de forma simultánea.

Unha das novidades chega en forma de novo galardón á mellor iniciativa de accesibilidade en hardware ou software. Ademais, recupérase a celebración do Games Festival con numerosas demos en Steam para gozar por tempo limitado.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.