The Game Awards tamén quere que xogues con The Game Festival

The Game Awards tamén quere que xogues con The Game Festival

Geoff Keighley vén de anunciar The Game Festival, un evento dixital asociado a The Game Awards no que durante 48 horas, contando desde este xoves ás 19 horas, poderás probar unha docena de demos de títulos que sairán ao mercado nos vindeiros meses a través de Steam.

Entre os xogos que se poderán probar están o reboot de System Shock, SkateBIRD —que hai unhas horas confirmaba a súa versión para Switch—Haven, Carrion ou The Drifter. A continuación tes a listaxe completa:

  • System Shock (Nightdive Studios)
  • Eastward (Pixpil/Chucklefish)
  • Spiritfarer (Thunder Lotus Games)
  • Moving Out (SMG Studio/Devm Games/Team 17)
  • Roki (Polygon Treehouse/United Label)
  • Chicory (Greg Lobanov)
  • Wooden Nickel (Brain & Brain)
  • Haven (The Game Bakers)
  • Heavenly Bodies (2pt Interactive)
  • Acid Knife (Powerhoof)
  • The Drifter (Powerhoof)
  • Carrion (Devolver)
  • SkateBird (Glass Bottom Games)
Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados