The Last Campfire, a nova aventura de Hello Games, estrea gameplay

Hello Games, autores de No Man’s Sky, amosaron novas imaxes da súa futura obra, The Last Campfire. O xogo conta con dous dos deseñadores implicados no desenvolvemento de LostWinds e estrearase en PC e consolas. No último Inside Xbox puidéronse ver cinco minutos exclusivos en forma de gameplay.
Sábese que será unha aventura máis pequena que No Man’s Sky, máis intimista e persoal, ambientada nun mundo de personaxes estraños, lugares peculiares e ruínas misteriosas onde os xogadores deberán esforzarse por acender a última fogueira.
A proposta, de corte belo y coidado, ten prevista chegar a PlayStation 4, Xbox One, Nintendo Switch e PC durante este verán, aínda que non se especificou unha data concreta.