Actualidade The Last of Us 2 e Desperados 3, entre os títulos que entran ao catálogo de PS Now este mes

The Last of Us 2 e Desperados 3, entre os títulos que entran ao catálogo de PS Now este mes

Os rumores foron confirmados. Hai lista de novidades bastante interesante para PlayStation Now este outubro. O servizo de subscrición de Sony recibe até seis títulos este mes que acaba de comezar e que poderemos gozar tanto en PlayStation 4 ou PlayStation 5.

Desde hoxe, martes 5 de outubro, as seis obras están dispoñíbeis no catálogo da plataforma de xogo por streaming. Destaca, como non podía ser doutra maneira, a aterraxe de The Last of Us Parte 2, a multipremiada aventura de Naughty Dog, xunto con outros títulos como Desperados 3 ou Fallout 76. 

A continuación podes consultar a lista completa:

  • Desperados 3
  • Fallout 76
  • The Last of Us Parte 2
  • Ammesia: Collection
  • Final Fantasy VIII Remastered
  • Yet Another Zombie Defense HD
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.