The Last of Us Part II atrásase até maio de 2020
Malas novas para os amantes de Naughty Dog. The Last of Us Part II non vai poder cumprir a súa data de lanzamento, fixada para o 21 de febreiro do ano que vén. O día que poderemos gozar da nova aventura de Ellie e compañía trasládase para tres meses máis tarde, o 29 de maio.
Así o confirmou o director do título, Neil Druckmann, a través dunha entrada no blogue de PlayStation. Nela, Druckmann sinala que «durante as últimas semanas, cando estabamos a pechar seccións do xogo, decatámonos de que non tiñamos o tempo suficiente para levar o xogo enteiro ao nivel de pulido que poderiamos chamar como calidade Naughty Dog».
O guionista do xogo lamenta non calcular os tempos de desenvolvemento xa que «o tamaño e o alcance deste xogo superáronnos». Por último, declara que «odiamos decepcionar aos nosos fans e sentímolo por iso».
The Last of Us Part II has a new release date. Here’s a letter to our fans.
Apologies for the delay. Please know we’re working very hard to make it worthwhile. https://t.co/iJyhXpuUoa
— Neil Druckmann (@Neil_Druckmann) October 24, 2019