The Last of Us Part II e Ghost of Tsushima anuncian as súas novas datas de lanzamento

The Last of Us Part II e Ghost of Tsushima anuncian as súas novas datas de lanzamento

Unha de cal e outra de area. Após a masiva filtración de información sobre The Last of Us Part II, PlayStation vén de anunciar a nova data de lanzamento tras cancelar a súa chegada en maio por mor da crise do coronavirus. Será o próximo 19 de xuño cando poderemos gozar da viaxe de Ellie na esperada segunda parte da franquía de Naughty Dog.

Non rematan aquí as novidades. Ghost of Tsushima sufrirá finalmente o inevitábel e decidiu modificar a súa xanela de lanzamento. A data inicial do 26 de xuño xa queda no esquecemento e é substituída polo 17 de xullo. Ese mesmo día será posible facernos cun dos últimos grandes lanzamentos da compañía para PS4; un xogo exclusivo de Sucker Punch que nos transportará ao Xapón feudal e onde a acción e o sixilo tomarán o rumbo da aventura.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados