The Last of Us Parte II estréase con récords de vendas no Reino Unido

The Last of Us Parte II estréase con récords de vendas no Reino Unido

Excelentes vendas está colleitando The Last of Us Parte II apenas tres días despois do seu lanzamento. Como exemplo do seu éxito atopámonos cos diferentes récords que bateu en Reino Unido, xa que o xogo de Naughty Dog converteuse no mellor lanzamento en formato físico de todo o 2020. Mesmo conseguiu posicionarse como o exclusivo de Sony que se vendeu máis rápido en menos tempo.

Respecto a as vendas conseguidas pola primeira parte da franquía, The Last of Us Parte II supera nun 76 % as alcanzadas pola entrega orixinal con máis de 192.000 copias vendidas desde o día 19. Animal Crossing: New Horizons fora até este momento o videoxogo máis exitoso en terras británicas durante este ano, pero a nova aventura de Ellie vendeu un 40 % máis que o xogo de Nintendo.

Desta forma, así queda a lista de títulos máis vendidos en Reino Unido durante a última semana:

  1. The Last of Us Parte II
  2. Ring Fit Adventure
  3. FIFA 20
  4. Mario Kart 8: Deluxe
  5. Call of Duty: Modern Warfare
  6. Grand Theft Auto V
  7. Minecraft (Switch)
  8. 51 Worldwide Games
  9. Pokémon Sword
  10. Star Wars Jedi: Fallen Order
Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados