The Legend of Zelda: Breath of the Wild esconde unha chiscadela a Wind Waker

O 3 de marzo de 2017, coa saída da Nintendo Switch, The Legend of Zelda: Breath of the Wild chegaba ás tendas, proporcionando un mundo cheo de segredos e posibilidades. A día de hoxe, as sorpresas non parecen ter fin para o xogo de Nintendo.
Un membro da canle GameXplain, Jon Cartwright, conseguiu atopar un lugar no xogo que garda unha gran similitude coa Isla Initia, o punto inicial da aventura dunha entrega anterior da saga, Wind Waker.

Breath of the Wild non deixa de sorprendernos cos seus numerosos segredos.
Grazas ao vídeo que publicou, podemos observar como a zona esta repleta de detalles que lembran claramente á Isla Initia. Unha gran chiscadela por parte dalgún membro da compañía xaponesa que non se atopara até agora e que podes ver aquí xusto ao final do texto.
Por suposto, as teorías xa iniciaron a súa navegación pola rede. A posibilidade de que as dúas obras estean conectadas dalgunha forma é posible, e os fans comezaron a especular sobre o asunto. O único seguro é que Nintendo sempre tivo certos problemas á hora de enlazar toda a saga e a maior parte dos xogos son independentes do resto. Iso si, Breath of the Wild parece que ten moito que dicir aínda e é probable que esta non sexa a última sorpresa que teña agochada.