The longest road on Earth, na procura de financiamento en Kickstarter

The longest road on Earth vén de presentar a súa campaña de Kickstarter, coa que tenta alcanzar a meta dos 10.000 € para sacar adiante o xogo. Trátase dun título que ten a súa orixe nun grupo de desenvolvedores españois, os cales buscan crear unha aventura narrativa que «se base na neutralidade total e a ausencia de texto, polo que todo o seu contido é levado á interpretación individual do xogador».
A través dunha proposta tan interesante, acompañada por unha banda sonora dirixida por Beícoli, a xogabilidade trasladaranos a formar parte das vidas rutineiras e diarias dos habitantes dun pobo, presentando os seus costumes desde diferentes puntos de vista. Tal e como explica o grupo de traballo, «non existe un desafío que embace a experiencia», xa que as accións que realizaremos serán totalmente cotiás, desde acender unhas luces até observar un ramo de flores.
No referente ao apartado artístico do título, atoparémonos co clásico pixel art, cuxas cores en branco e negro pretenden reforzar a sensación de que todas as conclusións que saquemos durante a nosa partida sexan únicas. Neste intre, The longest road on Earth xa conta con 2.230 euros no seu peto e agarda alcanzar os mencionados 10.000 euros antes do 7 de xaneiro do 2020, data límite para poder realizar achegas para a continuidade desta obra.
The longest road on Earth
Made by: @ArtMonedero @beibeicoli @AtskaHeart and @verz_edu
Help us on Kickstarter: https://t.co/LjtHlJ3bcc
Share it with your loved ones! pic.twitter.com/MOCqLgWDE3
— The Longest Road On Earth (@RoadOnEarth) December 3, 2019