The Lord of the Rings: Gollum confirma a presenza de Gandalf e Thranduil
Nacon acaba de facer público un novo vídeo de The Lord of the Rings: Gollum. O adianto funciona como unha entrevista a Harald Riegler, produtor de Daedalic Entertainment, na que ofrece novos detalles sobre o título de sixilo e aventura.
Amais dalgúns escenarios novos, é posible tamén ver o aspecto que terás algúns personaxes máis que coñecidos para calquera lector de Tolkien ou seguidor das películas de Jackson. Gandalf, Thranduil ou a Boca de Sauron son algúns deses personaxes, se ben aínda está por ver que papel exacto terán dentro da obra. A continuación podes ver o vídeo:
The Lord of the Rings: Gollum sairá para PC, PS4, PS5, Xbox One e Xbox Series X|S no outono do 2022.