The Medium, exclusivo de Xbox, amosa os seus dous mundos durante 18 minutos

The Medium, exclusivo de Xbox, amosa os seus dous mundos durante 18 minutos

 

Nun par de días o terror de The Medium aparecerá de forma oficial nas tendas de todo o mundo, malia que tamén o fará dentro do Xbox Game Pass, como exclusivo da marca que é. Microsoft preséntao como o seu primeiro gran lanzamento de nova xeración, por iso quixo convencer da súa forza cun extenso gameplay de 18 minutos que tes a continuación e podes ver.

O adianto céntrase nos primeiros minutos da obra de Bloober Team, incluíndo a súa cinemática de introdución, para posteriormente pasar a amosar a xogabilidade e o aspecto xeral do xogo, como os seus cambios de cámara ao camiñar entre estancias ou a resolución de quebracabezas.

E si, claro, a posibilidade de ver unha realidade dobre, partida. Marianne conta co poder de ver os dous mundos, polo que poderá moverse entre eles e resolver situacións concretas para ir avanzando na súa historia.

O lanzamento de The Medium está programado para este 28 de xaneiro en Xbox Series X|S e PC.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados