The Outer Worlds recibirá un DLC que ampliará a súa historia no 2020

The Outer Worlds recibirá un DLC que ampliará a súa historia no 2020

Obsidian confirmou que The Outer Worlds recibirá un DLC que ampliará a historia do RPG. Cando? Ao longo do 2020.

O anuncio realizouse a través dunha publicación nos foros oficiais do xogo, onde tamén agradecen os nomeamentos recibidos para The Game Awards. Para a súa desgraza, o título non logrou alcanzar ningún dos galardóns, a pesar de ser unha das sorpresas do ano e unha das obras con mellores críticas da recta final do ano.

«A todos os que votastes por nós nos Game Awards, sodes fantásticos e estamos moi agradecidos polo voso apoio. Foi incrible ver a recepción que tivo The Outer Worlds, e unicamente estar nomeados significa moito», explica a nota. «Con todo a viaxe aínda non terminou, e estamos emocionados de anunciar que expandiremos a historia con DLC o ano que vén. Daremos máis detalles máis adiante». Sen data concreta, tampouco se deron máis detalles sobre de que irá este engadido.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados