The Outer Worlds tamén se publicará en Switch

The Outer Worlds tamén se publicará en Switch

Private Division anunciou este mércores que The Outer Worlds chegará tamén a Nintendo Switch. Trátase dun dos títulos máis agardados deste ano, sobre todo por aqueles xogadores que gozaron con Fallout: New Vegas, xa que o estudoi detrás da súa creación é Obsidian Entertainment. O seu lanzamento oficial está programado para o 25 de outubro en PC, PlayStation 4 e Xbox One. Á máquina híbrida chegará un tempo despois.

O estudo Virtuos será o encargado de realizar o port do RPG da a máquina de Nintendo. Virtuos xa traballou noutros ports a Switch, como por exemplo Final Fantasy XII: The Zodiac Age ou Dark Souls Remastered.

The Outer Worlds é un xogo de acción e rol de mundo aberto cunha marcada ambientación futurista. Nel tentaremos sobrevivir ás diferentes faccións e corporacións, combater contra criaturas e mercenarios, facer trocos con estraños e saír adiante nun xogo no que as nosas accións terán consecuancias no desenvolvemento da historia.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados